top of page

OBRAS PERSONALIZADAS: FIANDO AS TUAS IDEAS

 

En Xogo de Fíos cada tapiz conta unha historia. Pero hai traballos que se volven aínda máis especiais cando nacen dunha idea moi persoal. As obras personalizadas permiten transformar recordos, emocións ou persoas importantes nunha peza única confeccionada con fío.

 

Nos últimos días tiven a oportunidade de crear dous traballos moi especiais: Zuma e Simon. Dous canciños moi distintos para dúas sorpresas aínda máis diferentes. Pero sen dúbida en ambos casos sostiñan un punto común: o amor que os seus donos senten por eles.

 

A partir das súas fotografías e da idea que querían transmitir, fun dando forma a cada tapiz unicamente a través do tacto e a habilidade manual, fío a fío. Cada obra foi tomando personalidade propia para converterse nunha representación única de cada mascota. Que vos parece o resultado?



Os traballos personalizados sempre teñen algo especial. Non son só pezas decorativas, son recordos, emocións ou vínculos que as persoas queren conservar ou regalar. Por elo, cando alguén encarga unha obra personalizada, o proceso sempre empeza cunha idea, unha mascota, un recordo, un paisaxe ou unha persoa importante. Despois chega o momento de darlle vida cos fíos e a creatividade que se respira no obradoiro  fai todo o demais.

 

Queres regalar algo especial? Queres fiar a túa propia obra? Se tes unha idea especial e queres que permaneza inmutable nos teus recordos, unha opción é transformala nun tapiz de fío. En Xogo de Fíos podo axudarche a convertela nunha peza única.

As veces só fai falta unha idea para comezar.

O resto irémolo construíndo fío a fío. . 🧵✨

 
 
 

Comments


bottom of page