Os días 12 e 13 de decembro celebrouse no hotel OCA Vila de Allariz o Foro Nacional de Emprendemento Rural, organizado pola Fundación Roberto Rivas en colaboración coa Fundación Juana de Vega e os polos de emprendemento da Xunta de Galicia. Un evento que xuntou a máis de 150 persoas de toda España vinculadas co sector rural e co impulso económico destas áreas.
Foi un encontro de aprendizaxe e conexión, as diversas ponencias enriqueceron as nosas perspectivas e os proxectos premiados convertéronse en auténticos referentes do ámbito rural. Pola miña parte, moi agradecida de que me tiveran en conta para presentar Xogo de Fíos nun dos stands e dar así unha maior visibilidade.
Comments