top of page

FIANDO NO COUTO MIXTO

Esta Semana Santa en Xogo de Fíos non collemos vacacións, e, a pesar do mal tempo que nos acompañou, alá nos fomos ó Couto Mixto. Esta zona pertencente ó concello de Baltar ten unha historia que debería ser contada: estraperlo, camiño do contrabando, independentismo e xustiza son algúns dos tópicos que descubrirás no seu camiñar. Anímate e visita o Couto Mixto!


Meaus é un dos pobos que conforman esta área, xa moi preto de Portugal, onde atopamos o restaurante cultural “Os Mixtos”. Este espazo, rexentado agora por Juliana, énchese de luz e maxia cada vez que se organizan obradoiros de distintas temáticas. Noutras ocasións organizáranse exposicións ou mesmamente confeccionei agasallos desta zona, pero obradoiros foi a primeira vez. Por iso, quedei moi sorprendida cando en plena Semana Santa participaron no obradoiro unhas quince persoas! Pero sen dúbida mereceu a pena coñecervos e compartir xuntos unha xornada de risas, experiencias e fíos... moitos fíos!


Dado que se trataba da primeira vez que estaban en contacto coa técnica do fiado, leveilles uns deseños moi sinxelos dunha flor, para que posteriormente encadraran nun cartón pluma. Verdadeiramente cada participante personalizou a flor o seu gusto, pero saíron ideas moi boas. Tal foi a implicación no proceso que estivemos tres horas dándolle voltas á imaxinación!


Teño que recoñecer que me encanta vir de visita ó Couto Mixto, respirar este aire puro e compartir coa xente do lugar un ambiente tan acolledor. Agradecer tamén a Javier póla súa dedicación e organización para facer isto posible. Ata a próxima!








0 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page