top of page
xogodefios

FIAMOS IGUALDADE CON COCEMFE


O mércores 24 de abril en Xogo de Fíos formamos parte dun obradoiro moi especial da man de Diana, a técnica de igualdade de Cocemfe. Empregamos as instalacións do albergue de Allariz e xuntamos aínda un bo grupiño de participantes. Para min foi unha xornada especialmente emotiva porque desta volta as miñas alumnas eran mulleres con discapacidade. E xa sabedes a importancia do empoderamento e a igualdade de cara a inclusión das persoas con discapacidade na sociedade. Por iso, non só fiamos, tamén debatemos sobre temática feminista e discapacidade.


Como era a primeira vez deste obradoiro escollemos un deseño sinxelo pero elegante: unha teteira que nunca pasa de moda. A verdade é que a acollida da técnica foi estupenda, podedes pensar que é un proceso realmente sinxelo, que si o é... tendes razón. Pero o problema é que precisa de paciencia e, este factor, non sempre é factible para todo o mundo. Sen embargo, para meu orgullo estas mulleres teñen unha destreza innata. De feito, como son unhas parlanchinas, estivemos cerca de tres horas dándolle a troula. Aínda que como podedes ver, o resultado quedou espectacular! Eu só podo darvos as grazas por asistir!



1 view0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page