top of page
xogodefios

FIAMOS DESDE A DISCAPACIDADE CON COCEMFE

Desta volta volvemos colaborar con COCEMFE con un obradoiro en Carballiño. Dada a boa acollida que tivo a anterior actividade, celebrada en Allariz, non queríamos deixar a un lado as sinerxías establecidas coa entidade e así viñemos ata esta fermosa vila. Neste obradoiro fiamos motivos florais coas mulleres con discapacidade do concello do Carballiño; uns modelos moi sinxelos porque era a primeira vez que estaban en contacto con esta técnica artesanal.





O obradoiro “Fiar desde a discapacidade” ten un dobre sentido. Por unha banda, aprendemos unha nova técnica artesanal que resulta entretida e xoieira, unha técnica de fiado creativa e orixinal. E por outra banda, pretendo lanzarlles unha mensaxe de superación e empoderamento ás mulleres con discapacidade. Todas temos distintas capacidades, pero iso non nos impide participar na vida social da comunidade nin tomar as nosas decisións. Neste caso, a arte vai ser o fío condutor cara o empoderamento.


Non quixera rematar este post sen agradecerlle a todas as mulleres a súa participación, entrega e animosidade para a realización do taller. Foi todo un orgullo coñecervos e compartir vivencias e experiencias con vós durante esta xornada, de verdade que moitísimas grazas por asistir. E de novo Diana, eres increíble e teño que darche as grazas en maiúsculas por sempre contar comigo. Ata outra!

4 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page