Nos últimos anos, o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía está a ser un referente na metodoloxía e prácticas educativas. Un modelo educativo non so trata de ensinar contido teórico, senón que tamén é importante transmitirlles ó alumnado os valores de respecto, igualdade, inclusión e sostibilidade; dos cales estes nenos e nenas saben dabondo.
Nesta semana do 8M, co alumnado de todos os cursos, estivemos preparando material confeccionado con fío para reivindicar os dereitos das mulleres polo 8 de marzo. Os grupos de Infantil e primeiro ciclo de Primaria fixeron símbolos da muller para levar de recordo. Sen embargo, os maiores fixeron un mural colectivo para expoñer na escola. Foron dous días de intenso traballo pero mereceu a pena polo gratificante do resultado. O máis sorprendente foi que os máis pequenos fixérono xenial! Para min foi unha experiencia totalmente única poder desfrutar dunha compaña tan agradable.
Grazas por tanto! Reivindicando o 8M!!!
Comments