BO NADAL DESDE XOGO DE FÍOS
- xogodefios
- Dec 23, 2025
- 1 min read
Estas datas son moi especiais para min. Quero dar as grazas a todas as persoas que este ano acompañastes a Xogo de Fíos no seu camiñar, a quen confiades no meu traballo, a quen compartides as miñas creacións e, en definitiva, a todos e todas por apoiarme incondicionalmente. O voso cariño e apoio son fundamentais para seguir adiante, para converter as dificultades en impulso e cada fiada en sentido.
Deséxovos un Nadal cheo de sorrisos e soños por cumprir, de historias que se abracen e de luz fiada con amor.
GRAZAS por estar ahí e formar parte deste tecido tan especial!
Bo Nadal!




Comments