top of page
xogodefios

8M EN MACEDA

En colaboración co CIM Maceda (Centro de Información da Muller) organizamos unha xornada de preparación do 8M. Trátase de que entre todas as mulleres participantes confeccionen un mural empregando a técnica do fiado que utilizo eu en Xogo de Fíos. Despois, durante os actos que se celebren o propio 8 de marzo, será exposto publicamente polo concello de Maceda.


A idea é que as participantes traballen en equipo e compartan valores e inquedanzas comúns. Deben comprender que o movemento feminista, ó igual que este mural, non é unha acción individualista. Ten que ser unha reivindicación colectiva. Para iso, durante esta xornada tamén falamos un pouco da historia do feminismo, de como as mulleres ó longo da historia fomos conquistando dereitos ata chegar ós nosos días. Desde o primeiro momento, deixeilles claro que o feminismo busca a igualdade e nunca a superioridade entre mulleres e homes. Penso que os conceptos, aínda que sinxelos, quedaron asentados.


O que máis me chamou a atención deste grupo é a variedade de idades das mulleres participantes e a súa implicación, a motivación e as ganas de traballar nun proxecto común. Sen dúbida, formaron un equipo unido e dinámico, a pesar de non coñecerse fixeron un traballo espectacular.!!


Vémonos o 8M!!!!







1 view0 comments

Recent Posts

See All

Comentarios


bottom of page