top of page

Descubre a fusión perfecta entre arte e funcionalidade coa nosa exclusiva totebag de Toxiños, inspirada no deseño do prato de madeira de refráns galegos “son un toxiño”. Deseño creado e confeccionado exclusivamente por Xogo de Fíos. Esta bolsa de tela non só é un accesorio práctico no teu día a día, senón que tamén é un elemento de reivindicación da cultura e etnoloxía galegas. A flor do toxo é unha das sinais distintivas de Galicia debido á gran cantidade de toxos que pintan os nosos paisaxes ó chegar a primavera. Por iso, xa forman parte da nosa vida, das nosas costumes e da linguaxe.

 

Esta vibrante impresión, dun dos deseños de maior éxito de Xogo de Fíos, amosa a singularidade e a diferenciación dos nosos produtos. Non só ofrecemos calidade e atención o detalle, senón que tamén pomos énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Sénteste identificada coa expresión “son un toxiño”? Chámanche toxiño? Pois ben... esta colección de bolsas non te deixará indiferente!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Material: bolsa de algodón con rafia, tela resistente e duradeira.
  • Dimensións: 40x35cm e asa de 30cm.
  • Deseño: impresión da creación orixinal confeccionada en fío.
  • Uso: ideal para o día a día como bolso de man.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: accesorio único que combina arte, elegancia e funcionalidade.
  • Distinción: ideal para quen busca destacar o seu estilo persoal.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, polo que, cada bolsa é un reflexo da arte téxtil que caracteriza a Xogo de Fíos.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecta como agasallo significativo para amantes da arte e a cultura.

 

PREZO: 19€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Non deixes pasar a oportunidade e consegue esta fermosa totebag de Toxiños.

Ten a seguridade que marcarás tendencia!

 

Totebag de toxiños

SKU: 39
19,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page