top of page

Non che parecen encantadores? Descubre a auténtica suavidade e colorido a través destes polvos de peluche infantís, elaborados manualmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Unha técnica baseada na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Preséntoche esta colección de pulpiños de lana en múltiples tonalidades, deseñados con amor e coidado para acompañar ós máis pequenos da casa durante esa etapa tan feliz como é a infancia. Ideais para todas as idades xa que son completamente seguros, non conteñen pezas extraíbles, converténdose nun xoguete terno e divertido para xogar sen preocupacións. Propóñoche que o teu neno ou nena desfrute dunha experiencia sensorial cálida e acolledora. Elixe o teu!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: lana suave e bola de poliespán para o círculo da cabeza, non contén botóns nin pezas pequenas extraíbles. Seguridade garantida 100%.
  • Deseño: polvo de peluche elaborado con lana suave.
  • Dimensións: 15cm de largo.
  • Cores: elixe ti a túa preferencia de cores e contáctanos.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar as distintas tonalidades para que o teu pulpiño se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: cada polvo é único, personalizado e especial.
  • Distinción: a creatividade deste peluche é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal para os máis pequenos da casa, para unha infancia chea de amor e ledicia.

PREZO: 10€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Pulpos de lana infantiles

SKU: 19
10,00€Price
Tax Included
    bottom of page