top of page

Descubre esta figura da leiteira na que fusionamos arte e tradición galegas, deseñada e confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Identifícaste co rural? Es unha muller do rural? Seguramente coñeces a importante labor que desempeñaron ás leiteiras desde que se produciu a expansión das urbes. Pobo a pobo e de vila en vila, ata chegar ás cidades, ás leiteiras percorrían os camiños da nosa xeografía co cántaro á cabeza. Esta figura tan recoñecida é un tributo ás nosas antepasadas que foron tan valentes e loitadoras, das cales sentimos un enorme orgullo. Por iso, en Xogo de Fíos coidamos cada detalle e fíamos a man con todo o agarimo para capturar a esencia das nosas tradicións. A base de madeira natural, en combinación coa confección, aporta autenticidade e resalta o traballo artesanal que hai detrás desta exclusiva obra.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: muller rural confeccionada con fío sobre base de madeira natural.
  • Dimensións: 20cm diámetro e 2cm grosor.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, tradición e cultura.
  • Distinción: a elegancia e sentimento que transmite esta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal como agasallo para todas ás persoas que valoran o rural.

 

PREZO: 22€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Muller rural leiteira sobre prato de madeira natural

SKU: 1
22,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page