Descubre a beleza e o profundo significado da árbore da vida, confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Esta peza artesanal única é un símbolo profundamente arraigado na mitoloxía e espiritualidade celtas. Conecta os 3 planos do mundo (ceo, terra e solo) simbolizando a interconexión e o propio ciclo da vida. Asemade, para os celtas a árbore da vida representaba protección, sabedoría, equilibrio e harmonía cunha forte vinculación cos antepasados. Leva esta simboloxía ós distintos espazos, a través deste deseño artesanal.
Presentado sobre prato de madeira, pintado de cor branca, no que destaca a beleza da confección en conexión directa coa herdanza celta. Agarda e descubre a maxia agochada detrás deste deseño que leva consigo unha auténtica fusión entre arte, tradición e cultura.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira, pintura branca de base auga, cola branca de madeira e verniz mate ecolóxico en aerosol, inclúe colgadoiro.
- Deseño: árbore da vida confeccionado con fío sobre base de madeira branca.
- Dimensións: 22cm diámetro e 2cm grosor.
- Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte e simbolismo cultural.
- Distinción: a beleza e elegancia que transmite este símbolo celta é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para amantes da tradición celta ou mesmo ideal como agasallo especial.
PREZO: 35€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!