top of page

Afilador! Revive a esencia dun dos oficios máis emblemáticos de Galicia a través deste afiador deseñado e confeccionado por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Esta obra artesanal é unha homenaxe a todos aqueles afiadores que coa súa roda percorrían os camiños da nosa xeografía. Desde Nogueira de Ramuín, de pobo en pobo e de vila en vila, co seu característico asubío convertéronse nunha das figuras máis representativas da tradición popular galega. En Xogo de Fíos valoramos as raíces e costumes da terra, por iso cada fiada detalla o dinamismo dun oficio lendario. Unha peza única que quedará perfecta en calquera espazo do teu fogar!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: cadro do tradicional afiador confeccionado con fío.
  • Dimensións: 28X28X1,5cm.
  • Formato: polas dimensións do deseño, recomendamos cadro enmarcado con cristal e táboa, pero se prefires outro tamaño ou base recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, historia e tradición.
  • Distinción: o profundo significado que transmite este cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal para amantes da tradición galega ou como agasallo especial.

 

PREZO: 30€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Cadro do tradicional de afiador de Ourense en fío

SKU: 61
30,00€Price
Tax Included
Quantity
    bottom of page