
Maker Faire Galicia
Do 1 ao 4 de xuño celebrouse, na Cidade da Cultura de Galicia, a IX Edición da Maker Faire Galicia unhas xornadas de innovación, tecnoloxía inclusiva e emprendemento social organizadas pola Xunta de Galicia en colaboración co concello de Santiago de Compostela. Ao longo destes días póñense enriba do taboleiro novas promesas do mundo Maker, da artesanía innovadora e da creatividade para que toda a comunidade as coñeza. Un evento cargado de contidos para todas ás idades e gustos (charlas, mesas redondas, actividades, obradoiros, concursos…).
Neste contexto, ó sábado 3 de xuño Xogo de Fíos foi un dos proxectos invitados a esta presentación. Unha entrevista dirixida por Marcos Saavedra, na que presentei a miña traxectoria vital e profesional ata chegar ao presente como Muller con discapacidade emprendedora desde o rural. Unha experiencia única e realmente gratificante a vivida neste evento da cultura maker. Foi un espazo de aprendizaxe e posta en común de proxectos realmente increíbles. Aquí vos deixo o “makie”, a mascota oficial do Maker Faire 2023.
Aquí vos deixo o enlace completo da entrevista:
Comentarios