top of page

17 MAIO: VISITA DESDE MELIDE

Este ano con motivo das Letras Galegas, 17 de maio, en Xogo de Fíos recibimos unha visita moi especial: a Asociación Alecrín de mulleres rurais da comarca de Melide. Sí! Sí! Lestes perfectamente! Viñeron unhas 50 persoas visitar a tenda física de Xogo de Fíos! De pronto aquilo parecía tan concurrido como o día que inauguramos. Sin dúbida, a veciñanza de Outeiro de Laxe quedou abraiada de ver tanto autobus e tanta xente na aldea.

Resulta que a asociación de mulleres rurais de Melide traian organizada unha excursión para coñecer os pobos máis turísticos do sur da provincia de Ourense e o norte de Portugal, entre os cales estaba Allariz. Deste xeito, aproveitando a oportunidade de estar tan cerquiña, fixeron unha parada técnica na tenda e aproveitaron para coller folgos e seguir coa ruta. O que non sabían e que lles agardaba un pequeno petisco para recuperar esas forzas! Eu tamén lles propuxen que se acercaran a visitar os Castros de Armea pero xa non lles deu tempo. Así que queda pendente para a próxima!

Polo que respecta a visita propiamente dita, foi breve xa que viñan con bastante apuro, pero teño que recoñecer que supuxo un auténtico éxito. Primeiro de nada expliqueilles a miña traxectoria profesional e despois o proceso de confección das obras, ante o cal mostráronse especialmente interesadas nos productos de madeira, tales como caixas ou marcapáxinas. Para min esta visita, o interés e os ánimos que recibín, é impagable. Supón a oportunidade de visibilizar o meu traballo e desde aquí aproveito para agradecer a Asociación Alecrín por facer esta visita. Ata pronto e moitas grazas!!!

1 view0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page