Buscas un detalle especial? Queres regalar arte? Descubre o legado de Rosalía de Castro a través deste cadro, confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos, no que fusionamos arte e literatura. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Este retrato de fío de Rosalía de Castro ofrece unha experiencia artística e sensorial realmente únicas. Elegante, suxestivo, valente, con estilo e forza... así defino este deseño. Cada fiada está coidada co máximo detalle para resaltar a figura da nosa poeta galega máis querida. O obxectivo é por énfase na beleza do traballo artesanal, pero sen esquecer a súa esencia persoal. Símbolo da forza, da loita e do empoderamento feminino que nos inspirou para darlle vida coas nosas fiadas; agora xa é un dos cadros de maior éxito de Xogo de Fíos. Conecta o tanxible co emocional e o artístico a través desta obra! Esta é a túa oportunidade! Galicia calidade!
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
- Deseño: retrato de Rosalía de Castro confeccionado con fío.
- Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
- Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: obra decorativa que combina arte e simbolismo cultural.
- Distinción: a beleza e elegancia que transmite este retrato é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para amantes da cultura galega ou mesmo ideal como agasallo especial.
PREZO: 49€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!