Non perdas esta oportunidade única! Descubre a fusión perfecta entre arte e funcionalidade co noso exclusivo pack (prato de madeira + totebag), inspirado no deseño creado por Xogo de Fíos con nome homónimo. Sente que formas parte de Galicia, leva contigo sempre esa natureza salvaxe que nos caracteriza e conecta con ela a través da flor do toxo. Esta colección está pensada para ti que buscas singularidade, diferenciación e estilo en cada un dos nosos produtos.
Aproveita para que forme parte da túa vida o símbolo máis representativo de Galicia, sente que “es un toxiño”. Este pack inclúe:
- Prato de madeira deseñado e confeccionado con fío por Xogo de Fíos. Este deseño dos toxos inmortaliza a beleza natural de Galicia, o seu entorno rural e os ditos populares da nosa terra. Con “son un toxiño” levarás un estilo autóctono co que decorar o teu fogar e sentir morriña desta terra meiga.
- Totebag de algodón da reprodución do prato orixinal de “son un toxiño. Resulta un complemento perfecto para levar no teu día a día: funcional, resistente e cómoda. A súa elegancia sobresae tal como a beleza das nosas paisaxes, que te acompañarán alá onde vaias.
En Xogo de Fíos quixemos facer tributo ós refráns populares e a etnoloxía galegas a través dos toxos. Por iso, os nosos produtos ofrecen calidade e atención o detalle, pondo énfase asemade nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Sénteste identificada coa expresión “son un toxiño”? Chámanche toxiño? Pois ben... este pack de prato + bolsa non te deixará indiferente!
CARACTERÍSTICAS:
- Material do prato: fíos de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol.
- Material da totebag: bolsa de algodón con rafia, tela resistente e duradeira.
- Dimensións: o prato é de 16cm e a bolsa é de 40x35cm, con asa de 30cm.
- Deseño: confección do deseño orixinal + impresión do mesmo.
BENEFICIOS:
- Singularidade: neste pack combinamos arte, elegancia e funcionalidade.
- Distinción: ideal para quen ama Galicia e pretende destacar un estilo propio.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, cada prato e bolsa son un reflexo da creatividade que caracteriza a Xogo de Fíos.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto como agasallo significativo para amantes da arte e a cultura.
PREZO: 22€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Non deixes pasar a oportunidade e consegue este fantástico pack de Toxiños!