Non perdas esta oportunidade única! Descubre a fusión perfecta entre arte e funcionalidade co noso exclusivo pack (cadro + totebag), inspirado en Rosalía de Castro. Sente a esencia galega a través desta homenaxe a icónica Rosalía de Castro, a voz inmortal de Galicia, da que sentimos tanto orgullo. Esta colección está pensada para ti que buscas singularidade, diferenciación e estilo en cada un dos nosos produtos.
Aproveita e leva un anaquiño da nosa cultura, rememora a forza coa que Rosalía plasmou as súas verbas. Este pack inclúe:
- Cadro do retrato de Rosalía de Castro, confeccionado con fío por Xogo de Fíos, en tons monocromáticos que resaltan o empoderamento e valentía da poeta galega. Este cadro artístico resulta ideal para decorar calquera espazo cun toque cultural e elegante, no que cada detalle é un reflexo da súa esencia.
- Totebag de algodón da reprodución do cadro orixinal de Rosalía de Castro. Resulta un complemento perfecto para levar no teu día a día: funcional, resistente e cómoda cunha clara mensaxe de inspiración que te acompañará alá onde vaias.
En Xogo de Fíos quixemos facer tributo ao legado dunha das figuras máis representativas da nosa terra. Por iso, os nosos produtos non só ofrecen calidade e atención o detalle, senón que tamén pomos énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Sénteste identificada con Rosalía? Pois ben... este pack de cadro + bolsa non te deixará indiferente!
CARACTERÍSTICAS:
- Material do cadro: fíos de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, base de cartolina branca e enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
- Material da totebag: bolsa de algodón de calidade, con tela resistente e duradeira.
- Dimensións: o cadro é de 21X29,7cm e a bolsa é de 40x35cm, con asa de 30cm.
- Deseño: retrato confeccionado en fío + impresión do mesmo.
BENEFICIOS:
- Singularidade: neste pack combinamos arte, elegancia e funcionalidade.
- Distinción: ideal para quen valora a arte e obtén unha peza con significado.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, cada cadro e bolsa son un reflexo da creatividade que caracteriza a Xogo de Fíos.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto como agasallo significativo para amantes da arte e a cultura.
PREZO: 59€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Non deixes pasar a oportunidade e consegue este fantástico pack de Rosalía de Castro!