top of page

Fixeches o Camiño de Santiago? Que atopaches no teu camiñar? Anímote a descubrir un dos símbolos máis representativos do camiño: a icónica cuncha da vieira, confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

En Xogo de Fíos deixamos a alma do Camiño nas túas mans! O fiado desta emblemática cuncha vai máis alá da mera artesanía, pretende capturar a verdadeira esencia do Camiño. Sabías que? A cuncha da vieira empregábana os peregrinos para beber auga durante o duro camiñar. Por iso en cada fiada buscamos a plena conexión entre arte, fe, cultura, historia e unha tradición milenaria que traspasou xeracións ata chegar ós nosos días. Destacamos a base de madeira natural que lle aporta autenticidade, convertendo á obra nun recordo especial que perdura no tempo, tal como a mesma espiritualidade dos milleiros de peregrinos que se achegan a Santiago cada ano.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: cuncha do camiño confeccionada con fío en prato de madeira.
  • Dimensións: 14cm diámetro e 2cm grosor.
  • Cores: por defecto empregamos fío en tonalidades claras e perfilamos en cor máis escura para que contraste. Se prefires outras cores, recoméndase contactar.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos un prato de madeira natural.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, tradición e cultura.
  • Distinción: a beleza e espiritualidade que transmite esta peza é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto como recordo do Camiño ou como agasallo con historia.

 

PREZO: 9€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Cuncha do Camiño De Santiago sobre prato de madeira natural

SKU: 65
9,00€Price
Tax Included
Quantity
    bottom of page