top of page

Identifícaste con esta expresión? Descubre a fusión única entre artesanía, tradición e paisaxe a través deste dito tan típico galego de “son un toxiño”, deseñado e confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Sente que formas parte de Galicia, desta terra meiga que agocha esa natureza salvaxe que nos caracteriza e conecta con ela a través da flor do toxo. O detalle de que o deseño estea confeccionado sobre un prato de madeira busca a singularidade, a diferenciación e o estilo que xa identifica ós produtos de Xogo de Fíos. Con “son un toxiño” levarás unha peza artesanal única e autóctona coa que decorar o teu fogar e sentir morriña da terra galega. Chámanche toxiño? Pois ben... este deseño está pensado pa ti!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Dimensións: 16cm diámetro e 2cm grosor.
  • Deseño: toxiños confeccionados con fío sobre prato de madeira.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos un prato de madeira natural, pero se prefires outros formatos (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: neste deseño combinamos arte, tradición e simbolismo cultural.
  • Distinción: ideal para quen ama Galicia e pretende destacar un estilo propio.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, cada deseño é un reflexo da creatividade que caracteriza a Xogo de Fíos.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto como agasallo significativo para amantes da arte e a cultura.

 

PREZO: 12€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Toxiños sobre prato de madeira natural

SKU: 83
12,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page