top of page

Descubre a fusión perfecta entre arte, fragancia e funcionalidade cos nosos sacos aromáticos de margaritas, inspirados na confección artesanal do exclusivo deseño de Xogo de Fíos. Estes sacos de esparto non só perfuman o espazo cun aroma relaxante, senón que tamén engaden un toque de estilo e beleza natural no teu fogar. Recheos con mesturas aromáticas naturais como lavanda, eucalipto ou romeo; ofrecen benestar, frescura e permanencia para que o ambiente sexa máis confortable.

 

Esta vibrante impresión amosa a singularidade e a diferenciación dos nosos produtos. Non só ofrecemos calidade e atención o detalle, senón que tamén pomos énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Uns sacos aromáticos que combinan este alegre deseño floral, con aromas relaxantes que transforman calquera espazo nun rincón con personalidade e estilo propio.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Material: saco de esparto con cordón, tela resistente e duradeira.
  • Dimensións: 11X6cm.
  • Deseño: impresión da creación orixinal confeccionada en fío.
  • Uso: colocación dentro de armarios e caixóns, en baños ou en calquera outro espazo como elemento decorativo que aporta frescura o teu fogar.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: accesorio único que combina arte, elegancia e funcionalidade.
  • Distinción: ideal para dar un toque fresco e natural ó teu fogar.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, polo que, cada saco é un reflexo da arte téxtil que caracteriza a Xogo de Fíos.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfectos para transformar o ambiente cun toque aromático.

 

PREZO: 5€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Ten a seguridade que marcarás tendencia!

 

Sacos aromáticos de margaritas

SKU: 84
5,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page