top of page

Sentes esa conexión máxica coa música? Pertences a unha banda de gaitas? Vives o baile galego? Séntete parte da esencia de Galicia a través desta obra artesanal!

 

Non perdas esta oportunidade! Descubre a fusión perfecta entre arte e tradición co noso exclusivo pack desta parella de muiñeiros. Estas figuras que representan o folclore galego están confeccionadas artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Esta parella de muiñeiros son auténticos símbolos da nosa cultura, no que os bailes e as cantigas populares ao redor do muiño marcaron a historia de Galicia durante séculos. Por iso, desde Xogo de Fíos queremos ofrecer un tributo a nosa terra e os nosos antepasados, a través desta colección que non te deixará indiferente. Deste xeito, cada detalle foi fiadoa man, con todo o agarimo para capturar a esencia propia da muiñeira. Asemade, a base de madeira natural aporta autenticidade e resalta as cores fiadas neste traballo artesanal.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, pratos de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: parella de muiñeiros confeccionados con fío en base de madeira natural.
  • Dimensións: cada prato mide 20cm diámetro e 2cm grosor.
  • Bases: polo formato dos deseños empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.
  • Personalizado: unha opción é porlle o teu nome ou o da banda de gaitas.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: 2 pezas decorativas que combinan arte, tradición e cultura.
  • Distinción: a beleza e sentimento que transmiten estas obras é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: estas 2 obras están confeccionadas totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal para amantes da música popular e do folclore galego. Regala calidade!

 

PREZO: 39€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Pack parella de muiñeiras sobre platos de madeira natural

SKU: 22
39,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page