top of page

Descubre a fusión perfecta entre arte, misterio e elegancia a través deste búho ou moucho, deseñado e confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

En Xogo de Fíos combinamos a delicadeza da artesanía con fío coa maxestosidade desta paisaxe nocturna, creando unha obra única que simboliza sabedoría e o poder da natureza. A precisión e detalle en cada unha das nosas fiadas realza a elegancia e mirada penetrante deste moucho, aportando profundidade e realismo ao deseño. Ideal se buscas unha decoración con significado!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina da paisaxe, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: cadro do búho ou moucho confeccionado con fío.
  • Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, pero se prefires outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, misterio e serenidade.
  • Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para aportar sofisticación o teu espazo ou como agasallo especial.

 

PREZO: 28€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Cadro en fío do Moucho

SKU: 37
28,00€Price
Tax Included
    bottom of page