top of page

Descubre este simpático deseño da galiña rural que combina arte e tradición galegas, confeccionado artesanalmentepor Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Esta peza artesanal única, captura a esencia do rural para transformala en arte, converténdoa así mesmo en símbolo do empoderamento feminino. Resulta perfecta para decorar calquera espazo cun toque rústico pero con carácter. Por iso, en Xogo de Fíos pretendemos dar vida, a través das nosas fiadas, á beleza do entorno rural. Unha obra confeccionada con moito agarimo e dedicación para crear conexión cos vosos corazóns. A base de madeira natural aporta autenticidade e resalta a confección artesanal que hai detrás desta obra. Asemade, aproveitamos para introducir un chisco de ironía, xa que esta galiña coas presas do rural esqueceu quitar os patíns!!!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: galiña rural confeccionada con fío sobre base de madeira natural.
  • Dimensións: 30cm diámetro e 2cm grosor.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, tradición e cultura.
  • Distinción: a elegancia e sentimento que transmite esta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal como agasallo para amantes da cultura e a arte rústica.

 

PREZO: 30€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

Galiña Rural sobre prato de madeira natural

SKU: 87
30,00€Price
Tax Included

    Related Products

    bottom of page