Descubre esta exclusiva colección de arte urbana! Estes 3 icónicos grafites de Banksy, confeccionados artesanalmente por Xogo de Fíos, non te deixarán indiferente. Esta selección de obras captura o espírito irreverente, irónico e crítico do enigmático artista nunha fusión única entre protesta e arte. Leva contigo a singularidade e diferenciación que caracteriza ós nosos produtos., no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Inclúense as seguintes obras:
- A nena con globo vermello: “Girl with balloon”.
- A nena con globos multicolores: “Flying girl balloon”.
- O soldado que lanza flores: “Rage, the flower thrower”.
Cada unha destas obras están fiadas coa mesma forza e mensaxe social que as orixinais de Banksy. En Xogo de Fíos centrámonos en cada detalle da confección ao tempo que pomos énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Polo tanto non só pretendemos que decores ese espazo especial do teu fogar, senón que te invitamos á reflexión sobre a paz, a esperanza, a liberdade e a xustiza social.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
- Deseños: reprodución en fío dos 3 grafites máis icónicos de Banksy.
- Dimensións: cada cadro mide 29,7X21X1,5cm.
- Formato: cada cadro está enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: conxunto de obras artesanais que combinan artee reivindicación.
- Distinción: o profundo significado que transmiten estes cadros é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Ideal para coleccionistas que desexen obter as obras máis famosas de Banksy confeccionadas totalmente a man. Aposta polo cambio social!
PREZO: 59€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!