Descubre a fusión perfecta entre arte, historia e cultura a través deste cadro artesanal do retrato de Celso Emilio Ferreiro, deseñado e confeccionado por Xogo de Fíos en tonalidades monocromáticas. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
En Xogo de Fíos queremos homenaxear a unha das figuras máis influentes da poesía social galega, a través desta xoia artesanal confeccionada con fío. Esta obra captura a forza e carácter do escritor celanovés, converténdose nunha auténtica reivindicación do seu compromiso coa xustiza social e a defensa da lingua galega. Xa pode ser túa esta peza única, confeccionada en tonalidades monocromáticas azuis para que resalte a personalidade do literato. De feito, esta obra foi expresamente deseñada para a exposición “Galicia en fíos”, que tivo lugar na casa-museo de Curros en Celanova.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
- Deseño: cadro do retrato de Celso Emilio Ferreiro confeccionado con fío monocromático.
- Dimensións: 21X29,7X1,5cm.
- Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso de que prefiras outras bases (madeira ou camiseta) recoméndase contactar.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, frase representativa, impresión téxtil...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte, historia e cultura galega.
- Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para amantes da cultura galega ou mesmo como agasallo especial.
PREZO: 49€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!
