top of page

Fiamos pola igualdade! Xa pode ser túa a exclusiva reprodución en fío do reivindicativo grafite de Banksy: “Valentine’s Day Mascara”. Unha obra artesanal na que a denuncia da violencia machista convértese en arte fiada. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Este cadro artesanal único captura a imaxe dunha muller vítima de violencia de xénero, orixinalmente pintada por Banksy en 2023 nuns escombros, para transmitir esa mensaxe de forza e coraxe ante o maltrato. En Xogo de Fíos queremos sensibilizar á poboación contra a violencia e a inxustiza, pero a través do compromiso e a elegancia de cada fiada. Nesta obra artesanal o dolor e a resistencia entrelázanse con delicadeza, facendo que cada fío sexa un símbolo de denuncia e esperanza. Leva esta peza artesanal que rende homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e un recordatorio do poder que exerce a arte para provocar o cambio!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: reprodución en fío do grafite de Banksy “contra a violencia de xénero”.
  • Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, forza e reivindicación.
  • Distinción: o profundo significado que transmite este cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para quen aposta polo compromiso social para denunciar a violencia de xénero. Arte pola igualdade!

 

PREZO: 25€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Cadro contra a violencia de xénero de Bansky

SKU: 17
25,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page