top of page

Fiamos pola paz! Xa pode ser túa a exclusiva reprodución do poderoso grafite de Banksy: “Rage, the flower thrower” confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos. Estamos ante a dualidade entre a agresión e a paz que cobra un novo significado a través das nosas fiadas. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

En Xogo de Fíos levamos o activismo en cada unha das nosas fiadas, por iso, este soldado que lanza flores en lugar de bombas foi un dos deseños escollidos. Este cadro cheo de simbolismo e significado, fusiona a forza da protesta e a reivindicación cunha artesanía que busca a esperanza e a paz. En ningún caso queremos perder esa esencia da arte urbana, senón que pretendemos destacar a delicadeza do fío fronte a violencia. Invítote á reflexión fiada desde o agarimo e a creatividade!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: reprodución en fío do grafite de Banksy “soldado que lanza flores”.
  • Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, beleza e activismo.
  • Distinción: a elegancia e significado que transmite este cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para quen desfruta do deseño contemporáneo ou como obra reivindicativa.

 

PREZO: 25€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

 

Cadro de manifestante que lanza flores de bansky

SKU: 27
25,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page