En Xogo de Fíos tamén metemos medo!!! O Sámain chegou a nosa tenda!!! Co obxectivo de seguir coa liña continuista da innovación, este ano decoramos a tenda de Xogo de Fíos con motivos típicos do Sámain e quedou realmente precioso. Tal como marca a tradición meigas, cabazas, arácnidos, calaveras e seres do outro mundo chegaron a Xogo de Fíos e xa non queren marchar! Convídovos a todos e todas a visitar o noso espazo e disfrutar desta experiencia de medo e risas. Como podedes ver, fiar fiamos moito pero tamén temos os nosos momentiños de celebración 😛
Neste contexto de festividade, decidimos organizar un obradoiro infantil de fío para que os máis cativos puidesen disfrutar dun Sámain distinto. Xa é hora de romper coas tradicionais celebracións da confección de máscaras ou festas de disfraces. En Xogo de Fíos quixemos facer algo único: deseños con fíos e cabazas personalizadas.
A verdade é que estivemos moi pouquiños, pero pasámolo tan ben! Sen dúbida, a experiencia mereceu a pena. Confeccionaron con fíos cabazas, fantasmas ou seres vampíricos que colocaron sobre distintas tablillas para levar de recordo para a casa. Despois, cando xa remataron todo o traballo artesanal, tocoulle o turno ás verdadeiras cabazas. Neste caso, é un claro exemplo de que se poden facer auténticas maravillas tan só con goma Eva, un rotulador permanente, pelo do millo e sangue!!!
Quero aproveitar para agradecer ás mamás e papás que atoparon un intre para traer ás crianzas á tenda. Era a primeira vez que organizamos un obradoiro como este e o resultado foi fantástico. Para o ano máis e mellor!
Comments