top of page

PRÓXIMO OBRADOIRO DE FÍOS E XOIAS

O prometido é débeda! Como xa vos anunciei hai uns días, desde Xogo de Fíos vamos organizar outro obradoiro pero desta volta con algunha sorpresa. Dado o éxito da primeira convocatoria, agora queremos que teña aínda máis valor engadido. Por iso, nesta ocasión colaboramos con MaríaAba Artesanía, unha artesá de Ourense que fabrica xoias.

 

Unimos xoiería e fiado artesanal en 2 xornadas de obradoiros, a través dos cales queremos que a artesanía sexa a protagonista. Nunha primeira xornada aprenderemos a fabricar o noso propio anel coa técnica pellote, seguindo os consellos e instrucións dunha artesá que xa leva 15 anos no oficio, e nunha segunda xornada aprenderemos a tapizar con fío a caixa na que gardaremos a xoia. Por suposto, xa sabedes que para confeccionar a través do tacto, faremos algunha proba cos sentidos para ver cal é a vosa capacidade creativa. Animádevos a participar!

 

Quenda de xoiería con MaríaAba Artesanía: mércores 31 de xullo, de 17:30 á 20:00.

Quenda de tapizado con Xogo de Fíos: venres 1 de agosto, de 17:30 á 20:00.

 

Lugar: tenda de Xogo de Fíos (Outeiro de Laxe, Allariz).

 

Prezo: 30€ con material incluído (para ambas xornadas).

Terías que traer tu a caixa de madeira para que o xoieiro sexa o teu gusto, preferiblemente cadrada. En calquera caso, cando te inscribas xa che explico.

 

Reserva a túa praza nos teléfonos: Lorena 676716291 e María 606434694.

 

Agardámoste con moita ilusión!

ree

 

 
 
 

Comments


bottom of page