Este verán en Xogo de Fíos fixemos de todo! Foi un non parar! Aínda que tivo gran parte desta responsabilidade os nosos compis de Xeitura Turismo Cultural. Menudos liantes
Pois tal como estades a ler, desde Xeitura propuxéronnos colaborar en distintos obradoiros do Concilia Verán e, obviamente, nunca dicimos que non a nada! Neste caso pretendemos que, a través da artesanía, comprendan as múltiples capacidades e as barreiras que temos as persoas con discapacidade. A mellor aprendizaxe é aquela que se aplica con exemplos, así que desta volta tocoulle traballar aos cativos.
Estivemos na Biblioteca Municipal de Ourense, en Medeiros e en Alvarellos desfrutando de varias xornadas cos máis cativos. Realmente non podería elixir cal dos grupos o fixo mellor, xa que se converteron en auténticos artistas! Entre todos confeccionamos deseños moi veraniegos: peixiños de cores, baleas multicolores e incluso barcos piratas. En calquera caso, a creatividade e a imaxinación destes cativos deixouse sentir en cada fiada. Senón me creedes, de mostra as fotos!
Aproveito para dar as grazas tanto a Begoña de Xeitura, por esta fantástica idea e colaboración, como aos propios nenos e nenas que acolleron moi ben esta proposta artesanal. Ata outra!
Comments