top of page

lNTERCAMBIO CULTURAL E ARTÍSTICO NA A.M.R. ARRACADA

xogodefios

Updated: Jan 26


 Esta semana na Asociación de Mulleres Rurais Arracada (Vilar de Santos) tivemos unha actividade moi especial! Un intercambio cultural e artístico, entre Xogo de Fíos e Kuku Móbil, no que os fíos foron a canle condutora desta xornada. Presentamos dúas técnicas artesanais de tapizado con fío, moi distintas entre si pero con un nexo común: a dedicación e a orixinalidade.

 

Coñecemos a Andrea Milde, unha artesá alemá que crea tapices pictóricos cheos de historia e cor, empregando para isto o seu tear móbil. Co proxecto Kuku Móbil ten planificado percorrer Europa de oeste a este, na busca de inspiración de cada recuncho para confeccionar un gran tapiz que defina o continente. A súa paixón polo tapizado e a súa filosofía de vida nómade, fixéronnos reflexionar sobre como a arte pode conectar ás persoas traspasando culturas e fronteiras. Andrea mostrounos o proceso detrás de cada tapiz, como chega a esencia de cada territorio e como o plasma a través do fío. Persoalmente, eu non coñecía esta técnica, pero resultou verdadeiramente enriquecedor este diálogo artístico.

 

Gústame dicir que a arte é unha linguaxe universal, porque da igual a túa procedencia ou cultura, o realmente importante é o que plasmas en cada obra. Neste caso, eu tamén compartín con Andrea, e as demais mulleres da asociación, a técnica de fiado empregada en Xogo de Fíos. Xunto coas miñas alumnas ensinámoslle unha Rosalía de Castro en proceso de confección. Foi un auténtico diálogo artístico!

 

Aproveito para agradecer a Raquel, presidenta da A.M.R. Arracada, por esta organizar este evento tan enriquecedor. Foi unha experiencia que non só nos permitiu aprender, senón que valorar as infinitas posibilidades artísticas. E finalmente, agradecer a Andrea por compartir o seu tempo con nós e a todas as mulleres asistentes, por facer posible esta iniciativa. Ata outra!

 

Boa viaxe Andrea! Que o Kuku Móbil siga rodando!

 





72 views0 comments

Recent Posts

See All

Commentaires


bottom of page