Ferreira de Pantón é unha pequena localidade lucense emprazada na Ribeira Sacra, a que hoxe tiven a oportunidade de ir visitar con motivo da inauguración da exposición.
Foi unha tarde moi proveitosa na compaña da súa xente, que fixeron unha moi boa acollida da exposición, pero tamén foi todo un placer ter a oportunidade de darlles un obradoiro e aprenderlles outra técnica de fiado.
Pasamos unha tarde chea de experiencias por compartir, tertulia, sorrisos pero, sobre todo, de paciencia e ganas de aprender novos retos!
Aproveito para agradecer a todas pola participación no obradoiro, pero especialmente as máis pequenas que traballaron como campeonas. Tamén dar as grazas o concello de Pantón, e a Javier e Cristina por contar conmigo e facer isto posible.
Disfrutade da exposición e agardo vos guste!
Comments