
Como seguramente xa vos destes conta, en Xogo de Fíos vivimos o entroido dun xeito moi especial. Pretendemos que cada ano sexa algo distinto, coa idea de votar unhas risas e sorprendervos. Por iso, desta volta Heidi e Clara, acompañadas polo avó dos Alpes, decidiron vir de visita ao rural galego e percorrer estas paraxes. Pero houbo un pequeno problema... case perderon a Clara! Non aparecía por ningures!
Mirade con atención o VIDEO, a ver se vos a atopades!
Con moita ilusión e unha boa dose de humor gravamos este pequeno corto entroideiro, demostrando que a creatividade e as ganas de pasalo ben non teñen barreiras. Foi unha experiencia única, da cal teño que agradecer a Laura, Jose e Bieito por prestarse a participar e facer que todo isto sexa posible. Por certo, se che gustou coméntanos sen problema.
Quedamos po ano?
Commentaires