top of page
xogodefios

Colaboración en Seres de Ben



Vouvos a contar unha pequena cousiña que me pasou este verán! Cal sería a miña sorpresa, cando un bo día, recibo unha chamada de Rubén Ríos na que me propón unha colaboración no novo programa da Radio Galega: SERES. O certo é que na mentres estaba explicándome o proxecto, eu tardei varios instantes en reaccionar! Non contaba con isto!

 

SERES é un programa radiofónico que nace co obxectivo de dar voz, aprender e escoitar ós seres de luz que temos en Galicia. A idea é que entre todos construamos unha sociedade máis xusta, empática e resiliente. Por iso, non puiden máis que aceptar a proposta. Realmente é un programa diferente, cheo de amor e de vida, a través das experiencias de distintos colectivos vulnerables.

 

En SERES queremos romper estigmas, ofrecendo coñecemento á sociedade e empoderamento ó colectivo no que poñamos o foco. Sempre desde un prisma positivo, igualitario e respectuoso.

 





Cada media noite da Radio Galega, as ondas transmitiranche distintas temáticas de cada protagonista. Rubén Ríos como director, guionista e presentador irá dando voz as distintas tertulias que irán xurdindo cos colaboradores:

-       Benedicta Sánchez: actriz gañadora do Goya por “O que arde”.

-       Laura Pousada: actriz de teatro e escritora.

-       Juan José Arnoso: presidente da Asociación turística, cultural  e deportiva para a promoción de Galicia.

-       Antonio Duran Morris: actor galego cunha longa traxectoria.

-       Lorena Quintas Rejo: artesá en Xogo de Fíos e activista da discapacidade.

 

Non te esquezas! Esperámoste!

 

5 views0 comments

Comments


bottom of page